Blogue

Como trasladar a nosa web e dominio Featured

Rate this item
(0 votes)

Un bo día decidimos cambiar os nosos servizos web e correo a outro servidor e ademáis facer un cambio de rexistrador, é un proceso moi sinxelo e nada perigoso, si se fai correctamente. Trátase de facer unha transición sen cortes e sen perda de información para que tanto nós como os nosos clientes non se vexan afectados en nada.

 

Normalmente o primeiro paso é trasladar o dominio (excepto no caso dos .es que sería o último), para o que se require habitualmente ao rexistrador actual o desbloqueo do mesmo e o código de desbloqueo.

Co dominio desbloqueado pódese solicitar o traslado ao novo rexistrador, proceso que acostuma tardar ao redor dunha semana, aínda que ás veces é menos, como nos .es que se pode realizar prácticamente en minutos.

Mentres esperamos que se produza o traslado de rexistrador podemos ir realizando copia dos contidos da páxina web e creando as contas de correo no novo servidor cos mesmos usuarios e contraseñas que no servidor antigo dese modo cando fagamos o cambio efectivo de servidor non se producirán cortes na web.

Ao facer o cambio de servidor deberiamos de copiar o correo antigo no novo servidor por medio de calquera dos métodos habituais a disposición desde o mesmo outlook ata as ferramentas do administrador de sistema de sincronización de contas de correo.

En caso de encargarnos nós do mesmo, como moito solicitamos ao cliente axuda no primeiro paso, solicitar o desbloqueo e authcode, do demáis encargámonos nós e non require ningunha outra manipulación por parte do cliente.

En caso de traslado aos nosos servidores aos servizos habituais de antispam engadimos as firmas Domainkeys, OpenDKIM e DMARC que permiten que os correos enviados polos nosos clientes teñan o máximo grado de reputación online e ademais (grazas ao DMARC) poder conseguir que os envíos aos maiores servizos de correo tipo Gmail, Yahoo, etc e outros que soportan este protocolo sexan rexeitados si intentan enviar emails desde outros servidores que non sexan os autorizados por nós. Parece estraño pero é frecuente a suplantación de identidade e/ou dominio no correo electrónico.

En resumo, nestes tempos de cambios é necesario comprobar que a nosa web e servizos de correo están aloxados nun servidor coas adecuadas garantías de seguridade e suficientemente actualizados, no noso caso procuramos estar sempre á última, e en caso de decidirnos a facer o traslado pola nosa conta planificar ben o traslado para non perder visibilidade nin por suposto datos.

Connosco ese proceso é transparente, sen problemas para o cliente e sobre todo gratis, non cobramos nada por facer o traslado independientemente do tamaño da web e as contas de correo a trasladar e sen ningunha interrupción en ningún dos servizos, a destacar o traslado do contido das contas de correo que sabemos non é habitual.

Consúltanos sen compromiso.

Logo dominios .galLogo Dominios .esLogo Icaan

Read 4577 times
More in this category: Como instalar windows 10 »

Leave a comment

Make sure you enter all the required information, indicated by an asterisk (*). HTML code is not allowed.

eomatica

Webs Responsive, Persoalizadas

SSL, Dominios e Aloxamento Web

Servizos Informáticos : Venta,

Reparación, Asesoramento, Mantemento.

Reparación de Móbiles

Contacto

Ubaldo Pasarón y Lastra, 22

T. Móbil: +34 607 111 901  

T. Fixo  : +34 982 130 264

Email: info@eomatica.gal

Facebook

Search