×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 987

Martes, 05 Agosto 2014 18:17

Contrato Diseño Web

Valora este artículo
(0 votos)

Entre nós [nome da compañía]
 e vós [nome do cliente]

## Contido:
Nós sempre faremos o mellor para satisfacer as súas necesidades e cubrir as súas expectativas, pero é importante ter as cousas escritas e así ambas
partes sabemos que é que, quen debe facer que e cando o debe facer, e que ocorrerá se algo sae mal. Neste contrato non atopará complicados
términos legais ou longos párrafos de texto inintelixible. Non desexamos enganalo para que firme algo do que logo se arrepentirá. O que
queremos é o mellor para ambas partes, agora e no futuro.

Abreviando;

Vós ([Nome do cliente]), con dirección [dirección do cliente] contrátanos a nós ([nome da compañía]) para [diseñar e desenvolver un
sitio web] polo coste estimado total de [total] como acordadomos nas conversacións previas. Por suposto que é un pouco máis complicado, pero xa
chegaremos aí.

## ¿Qué acordan facer ambas partes?

*Vós:* Vós tedes a potestade de entrar neste contrato representándovos a vós mesmos, a vosa compañía ou a vosa organización.
Poñeredes á nosa disposición todo o que necesitemos para levar a cabo o proxecto e no formato requerido. Revisaredes o noso traballo, comentaredes
e aprobarédelo de maneira regular. Os estimados de tempo aplícanse a ambas partes, así que vós estaredes suxeitos ás datas que tiveramos pautarado previamente.
De igual maneira axustarédesvos ás datas de pagos establecidas ao final deste contrato.

*Nós:* Nós contamos coa experiencia e habilidade para levar a cabo todo o que acordaramos e farémolo dunha forma profesional e dentro das datas establecidas. Esforzarémonos por cumprir todas as deadlines establecidas e sobre todo manteremos total confidencialidade en todo o que nos entreguedes.

## Vamos ao miolo da cuestión
### Diseño

Nós deseñamos o aspecto da web, diagramas flexibles que se adaptan ás capacidades dos moitos dispositivos e tamaños de pantalla. Creamos
deseños iterativamente e usamos maiormente HTML e CSS, así non perdemos tempo maquetando cada plantilla visualmente estática. Pode que usemos diseños
estáticos para mostrar o aspecto (color, textura e tipografía.) A iso chamámoslle "Atmósfera de Deseño"

Vós teredes dúas ou máis oportunidades de revisar o noso traballo e proporcionar comentarios e opinións. Se, en calquera etapa, non estades contentos
coa dirección que leva o noso traballo, pagádesnos por todo o que realizamos ata ese punto e cancélase este contrato.

### Textos
Non somos responsables de escribir ou introducir ningún tipo de contenido de texto. Se vos gustaría que escribiramos novos contidos ou texto por vós,
podemos convir un prezo estimado para ese fin.

### Fotografías
Debedes proporcionar os arquivos gráficos nun formato de vectores e evitable. Debedes proporcionar tamén fotografías nun formato dixital de alta resolución. Se
elexides comprar as fotografías, podemos suxerir bancos de imaxes. Se vos gustaría que buscáramos esas fotos por vós, podemos poñer un prezo adecuado para facelo.

### Probas de navegadores
As probas en navegadores xa non quere dicir que un sitio web debe verse igual en navegadores de diferentes capacidades ou en dispositivos de pantalla
con diferentes tamaños. Quere dicir que aseguramos que a experiencia do usuario dun diseño será apropiada ás capacidades dun navegador ou dispositivo.

### Probas en navegadores de Sobremesa
Probamos e testeamos o noso traballo nas versións actuais da maioría dos navegadores modernos, incluídos aqueles desenvoltos por Apple
(Safari), Google (Chrome), Microsoft (Internet Explorer), Mozilla (Firefox) e Opera. Tamén facemos probas para asegurar que os usuarios de Internet
Explorer 8 para Windows obteñan unha experiencia apropiada, aínda que posiblemente diferente. En Internet Explorer 7 e inferiores para Windows e
non haremos pruebas noutros navegadores antigos a menos que especifiquedes o contrario. Se necesitades un deseño optimizado para navegadores antigos, podemos convir un prezo estimado para iso.

### Probas en navegadores Móviles
As probas nos dispositivos máis populares son esenciais para asegurar que a experiencia de usuario dun deseño é apropiada para o dispositivo que usa.

Actualmente non probamos/revisamos en Blackberry OS ou Blackberry QNX, Opera Mobile, Symbian ou ningún outro navegador móvil. Se necesitades que probemos con estes, podemos prover un prezo estimado por iso.

### Soporte técnico
Non somos unha compañía de aloxamento e por iso non ofrecemos soporte ao aloxamento da súa web, email ou demáis servizos relativo ao aloxamento.
Probablemente xa ten un servicio profesional de aloxamento e incluso controla todo iso internamente; se o fai, ben. Se non, podemos crear unha
conta para vós nun dos nosos proveedores de aloxamento preferidos. Podemos configurar o seu sitio nun servidor, ademáis de calquera software de
estadísticas e métricas como Google Analytics, provendo un prezo estimado por facelo. A partir dese punto, as actualizacións e
a administración do servidor, dependen exclusivamente de vós.

### Cambios e revisións
Sabemos por experiencia que os contratos de coste fixo poucas veces son beneficiosos para vós, xa que a maioría os limitan ás ideas
iniciais. Non queremos limitarvos de poder cambiar de parecer. O prezo ao inicio deste contrato está baseado na cantidade de tempo que estimamos
que nos levará completar todo o que nos dixerades que queredes lograr, pero encántanos ser flexibles. Se queredes cambiar de parecer ou agregar
calquera cousa nova, non será un problema xa que proveremos un prezo estimado por iso.

### Asuntos legais
Non podemos garantizar que o noso traballo estará libre de erros e por iso non podemos e non nos facemos responsables ante vós ou terceiros por danos,
incluidos perdas de beneficios, perdas monetarias e outros incidentes, consecuencias ou danos concretos, aída se nos tiverades avisado .
Finalmente se unha parte deste contrato é anulada, ou imposible de cumprir por algunha razón, entonces esa parte será apartada deste contrato e non afectará a validez das partes restantes.

Vaia.

###Dereitos de Autor
Primeiro, vós garantizades que todos os elementos como textos, imaxes e outros elementos visuais entregados por vós son da vosa propiedade ou que tedes permiso para usarlos.

Dito isto, cando o voso pago final se tivera efectuado, os dereitos serán asignados da seguinte forma:

A vós pertencerán os elementos visuais que poideramos crear para este proxecto. Darémosvos os arquivos base e as imaxes/arquivos finais
 e vós debedes gardalos e respaldalos xa que nós non estamos obrigados a manter unha copia. Sodes propietarios de todos os textos, imaxes e datos que dispuxéstedes, a menos que alguén máis sexa o propietario.

Nós somos propietarios da combinación destos elementos que constitúen un deseño completo e darémosvos a licenza a vós, exclusiva e só en perpetuidad por este proxecto, a non ser que acordemos doutra forma. Podemos prover un prezo estimado por iso.

Encántanos mostrar o noso traballo e compartir o que aprendimos con outras persoas, así que reservámonos o dereito, co voso permiso, de
mostrar ou enlazar ao voso proxecto como parte do noso portafolio e de escribir sobre el en sitios web, revistas e libros.

### Pagos
Estamos seguros de que entendedes o importante que é para una pequena empresa que paguéde-las facturas que vos enviamos a tempo. E como estamos seguros de que queredes que sexamos moi amigos, acordades ajustarvos aos tempos de pago propostos a continuación:

[Calendario de pagos]

### ¿Pero dónde está toda a letra pequena?
Tal como un recibo de aparcamento, non podedes transferir este contrato a ninguén máis sen o noso permiso. Este contrato queda validado e non necesita ser renovado. Se por alguna razón algunha parte deste contrato queda invalidada, o resto das partes seguen en práctica.

Aínda que a linguaxe é simple, as intencións son serias e este contrato é un documento legal baixo a xurisdicción legal exclusiva dos xulgados de Mondoñedo.

Oh, e non olvidedes aos homes con cans grandes.

### A liña de puntos
Firmado por e en representación de [Nome da compañía]
Firmado e en representación de [nome cliente]
Data [data]

Cada quen debe firmar arriba e manter unha copia para os seus rexistros.

Visto 6074 veces Modificado por última vez en Martes, 26 Julio 2016 19:42

Deja un comentario

Asegúrese de introducir toda la información requerida, indicada por un asterisco (*). No se permite código HTML.

eomatica

Webs Responsive, Personalizadas

SSL, Dominios y Alojamiento Web

Servicios Informáticos : Venta,

Reparación, Asesoramiento, Mantenimiento.

Reparación de Móviles

Contacto

Ubaldo Pasarón y Lastra, 22

T. Móvil: +34 607 111 901  

T. Fijo  : +34 982 130 264

Email: info@eomatica.gal

Search